24 may 2016

Experiencia de Laura González Rodríguez



Boas, o país no que realizo as prácticas é no noso país veciño, Portugal, nun pobo chamado Melgaço.

Estou encantada de vivir esta experiencia no país veciño nunha escola infantil chamada Santa casa da Misericordia, a cal conta con aulas para nenos/as dende 0 anos ata os 5 anos. Esta escola infantil conta tanto con educación formal como informal (actividades de tempo libre) polo que para min é unha sorte poder traballar nos dous ámbitos, aínda que me centre máis no formal.

Dende o primeiro momento acolléronme moi ben e a verdade adapteime moi ben tanto aos nenos/as, as compañeiras como a forma de traballar; porque aínda que a distancia entre un país e outro sexa a mínima presentan bastantes diferenzas.Unha das diferenzas que atopei bastante importante con España é que a escola conta con bastante persoal por aula (4 persoas nas aulas de 0-1 e 1-2 anos e con 3 persoas nas aulas de 2-3, 3-4 e 4-5).



O realizar as prácticas en Portugal ten a vantaxe de que cando non sabes como explicar ou dicir algo en portugués dicilo en galego e enténdente sen problema, sen contar que esta escola conta con nenos/as españois xa que a distancia entre o lugar onde se atopa a escola e a provincia de Pontevedra é de menos de 10 minutos




           
Na foto lendo un conto na aula de 1-2 anos coa profesora Fatinha.





Un saúdo e bicos dende Portugal.

26 abr 2016

EXPERIENCIAS DAS COMPAÑEIRAS QUE ESTÁN DE PRÁCTICAS



Marta e Belén escriben:

"Ola!!
De parte de Marta Losada e Belén Alba, un par de fotos na entrada do noso traballo.

Como vedes aquí en Kauhajoki (Finlandia) fai moito frío, pero iso non nos quita as ganas de disfrutar e aprender.

Nos, as dúas, traballamos nun complexo hospitalario que se divide en diferentes áreas: centro de saúde, urxencias, ingresados, laboratorio, dentistas, e Intervalli. Neste último é no que a nosa función como TAPSD é moi destacable, esta área trata a persoas que foron ingresadas anteriormente, unha vez dadas de alta, antes de irse ao seu domicilio ou residencia, están dúas semanas de rehabilitación e coidados nunha "mini residencia" onde lles axudan no proceso de adaptacion para voltar a súa vida habitual. Dependendo do estado das persoas poden estar dúas semanas no Intervalli, dúas semanas na casa e volver outras dúas a esta área, así ata recuperar toda a súa autonomía. Nesta área encontramos talleres, actividades, exercicios e coidados de hixiene e da casa.

A verdade é moi diferente, comparando o traballo en España, xa que teñen moito personal por cada paciente tanto ingresado como na "mini residencia". O trato coas persoas é inmellorable e a pesar de que aquí a vida é moi diferente pouco a pouco imos adaptándonos.

Un saúdo e besos moi grandes desde Finlandia!